domingo, outubro 14, 2007

Tradição: Folk-lore, Harmonia e Raízes! Parte I




BRAÑAS FOLK






O grupo Brañas Folk nace en Ourense no ano 2002, un proxecto musical creado por Manuel Brañas co fin de continuar coa labor feita no anterior grupo, Arco da Vella, e buscando unha maior proxección dentro da música folk.

Brañas Folk sacou ó mercado o primeiro traballo discográfico titulado "Camiñante", coa discográfica Discmedi.

Na actualidade, Brañas Folk prepara o seu segundo traballo discográfico.










Músicos:



Manuel Brañas: gaita, arpa, wistle e zanfoña. A súa labor comenza no estudio da construcción de instrumentos populares no Obradoiro da Deputación de Lugo, o mesmo tempo instrúese no manexo dos mesmos. Posteriormente desempeña unha función máis docente como director da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, compaxinando este traballo coa construcción de instrumentos no Obradoiro deste Organismo , do que na actualidade é o seu director.



Mónica de Nut: (Voz), na actualidade estudia o Grao Superior de Canto en Madrid.



Xoan Manuel Váquez: comenza os estudos de guitarra no conservatorio de Ourense, rematando o superior de guitarra no Conservatorio de Vigo. Actualmente é profesor de música de instituto.



Olga Brañas: (piano, pandeireta),comezou os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Ourense e rematou o Grado Medio de piano no Conservatorio de Santiago de Compostela. Formou parte da Agrupación do Folklore Tradicional Ourensán. Constribuiu a este proxecto coa composición dalgúns temas que se incluiron no primeiro traballo discográfico desta formación.



Aser Álvarez: (Percusión e Batería), ten unha longa traxectoria musical como compoñente e colaborador de numerosos grupos.



Leonardo Blanco: (Violín), comenza os seus estudos no Conservatorio de Ourense, remata a carreira de violín no Conservatorio Superior de Música de Oviedo con profesores dos "Virtuosos de Moscú". Actualmente é profesor de Violín no Conservatorio Superior de Vigo.



Isidro García: (Acordeón), comenzou os seus estudios no Conservatorio de Pontevedra e está facendo Grado Superior de Acordeón en Madrid.



Eduardo Balvís: colaborou con distintos músicos ourensáns.






Album mais recente - Camiñante





I. Cabaleira
2. Canto de Seitura
3. Maldinas Verdes
4. Chalot - Rumba dos Trinta
5. Vals Canadiense
6. Canción de Berce
7. Regueifa
8. Meu Corazón
9. Quadricha
I0. Sintonía do Cebreiro
II. Arco da Vella
I2. Camiño da Cerveza






Sem comentários: